Alberto López Rivas

O proxecto deu bastantes problemas ao principio (tivemos que cambiar a estructura, líos cos cables…), pero ao final todo saíu perfectamente. O proxecto finalmente funciona mellor  se cabe máis do que nos esperabamos.

Primeiro escollemos unha medida que non estaba ben tomada, e a tivemos que cambiala.  Como xa tiñamosas pezas cortadas coa medida incorrecta, tivemos que cortar pezas novas. Tamen tivemos que despegar todo varias veces e pensabamos que de verdade, non dariamos chegado a rematar o proxecto.

Finalmente, puxemonos moi enserio co proxecto, expuxemos as nosas ideas e repartímonos o traballo. En dúas semanas o proxecto estaba rematado e todo cambiara por completo. Os días seguintes dedicámolos a correxir inperfeccións e mellorar o traballo.