Julián García Sánchez

A verdade é que a idea da peaxe nos gustou a todos dende un principio aínda que ó comezo eu estaba perdido unha vez que se aclarou todo empezamos a medir,cortar e lixar foi onde eu más axudei. No apartado de picaxe e montaxe eu axudei no que podía porque non se me da moi ben.

O que  máis me gustou do proxecto foi o traballo en equipo e que o pasamos moi ben entre todos.O que menos me gustou e que se cambiara tanto a montaxe do proxecto porque se desmontou varias veces.

Ó final o proxecto funciona correctamente  e iso é un logro porque pensabamos que non nos iba a salir.

Daniel Juanatey Hermo

O proxecto funciona sen fallo e fomos os primeiros en acabar, pese a que o fixemos dúas veces para engadirlle o parafuso sen fin. Tardamos mais que nada na montaxe e distribución das pezas, xa que facelas e elaborar o programa levounos dúas clases. Estamos satisfeitos co traballo e é totalmente automatico, o único que hay que mover é o coche de xoguete.

Alberto López Rivas

O proxecto deu bastantes problemas ao principio (tivemos que cambiar a estructura, líos cos cables…), pero ao final todo saíu perfectamente. O proxecto finalmente funciona mellor  se cabe máis do que nos esperabamos.

Primeiro escollemos unha medida que non estaba ben tomada, e a tivemos que cambiala.  Como xa tiñamosas pezas cortadas coa medida incorrecta, tivemos que cortar pezas novas. Tamen tivemos que despegar todo varias veces e pensabamos que de verdade, non dariamos chegado a rematar o proxecto.

Finalmente, puxemonos moi enserio co proxecto, expuxemos as nosas ideas e repartímonos o traballo. En dúas semanas o proxecto estaba rematado e todo cambiara por completo. Os días seguintes dedicámolos a correxir inperfeccións e mellorar o traballo.

 

 

Alejandro Martínez

Conseguímolo aínda que nos costou moito empezar, estivemos case 4 clases cortando as paredes da caseta. Tivemos problemas co motor porque nos empeñamos en non usar un parafuso sen fin. Cando por fin nos decidimos a poñelo tivemos que volver a acotar porque cambiamos as dimensións da peaxe

Seguramente o mais facil de facer foi a picaxe, que Daniel fixo en pouco tempo. Cando o fixemos funcionar algúns querían pintar pero queda mellor así.

A peaxe está rematada e funciona ben.

Ismael Ezequiel Martínez Ramil

O proxecto saíu ben, cousa que non esperaba, porque dous semanas despois de empezalo parecía que non o íamos dar feito. O resultado foi excelente, no post anterior tedes un vídeo do seu funcionamento.

O que máis me gustou do proxecto é o seu funcionamento e o que menos a apariencia que ten, xa que se ven moitos cables soltos por aí. Poderíase mellorar a caseta, xa que non está moi recta. O LED vermello non acende moi ben e non se ve, cousa que o LED verde o fai. En xeral, o proxecto me gusta moito, esperamos ter unha boa nota.

Vídeo do Proxecto

http://youtu.be/KMSJFFzTdAE

Novos planos

   semáforo e a barreira para poñer no parafuso sen fin

    a caixa que fai de  cabina de telepeaxe co motor dentro

 

 

este é o programa provisional á espera de facer cambios para mellorar o funcionamento

 

Funcionamiento

O proxecto consiste nunha telepaxe na que temos un semáforo ó que tocar o final de carreira encéndese, unha barreira sube con un motor e logo volve ao seu estado normal.